Toda a comunidade educativa do centro, os desexa un feliz Nadal.
Magnífico derradeiro día de todos os alumnos/as do colexio
Cervantes, para dar a benvida as vacacións de Nadal.
Os pequenos alumnos do colexio foron a Begonte para ver o magnífico Belén.
O alumnado de 6º de Primaria recibiu un curso de ciberbullying da Policía Nacional.
Durante 4 días estiveron recibindo explicacións, consellos e pautas fundamentais para o uso de Internet.
Ao recibir esta gran formación, os estudantes recibirán tarxetas de ciberexperto.
O alumnado de 5º de Primaria tamén impartiu unha charla sobre o mesmo contido.
O derradeiro mes levamos a cabo unhas sesións ao redor do deporte do tenis. Isto é debido, entre outras cousas, ao acollemento ao comezo do curso dun programa educativo que promove a FGT (Federación Galega de Tenis) chamado, "Tenis na escola". Ceden temporalmente material deportivo, raquetas e pelotas, para poñer en práctica unhas sesións e dar a coñecer e promover este deporte entre o alumnado. Xa levamos catro anos acolléndonos a el. Con gran entusiasmo por parte do alumnado.
Leonardo da Vinci cultivou o seu coñecemento mediante a observación, a experimentación e as analoxías, que moitas veces poñían en cuestión teorías inmutables e ideas preconcibidas.
Os nenos e nenas do colexio puideron descubrir os principios da súa creatividade a través de contidos interactivos, audiovisuais, xogos e maquetas a gran escala dalgúns dos seus inventos.
Leonardo da Vinci cultivou o seu coñecemento mediante a observación, a experimentación e as analoxías, que moitas veces poñían en cuestión teorías inmutables e ideas preconcibidas.
Os nenos e nenas do colexio puideron descubrir os principios da súa creatividade a través de contidos interactivos, audiovisuais, xogos e maquetas a gran escala dalgúns dos seus inventos.
Leonardo da Vinci cultivou o seu coñecemento mediante a observación, a experimentación e as analoxías, que moitas veces poñían en cuestión teorías inmutables e ideas preconcibidas.
Os nenos e nenas do colexio puideron descubrir os principios da súa creatividade a través de contidos interactivos, audiovisuais, xogos e maquetas a gran escala dalgúns dos seus inventos.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria saíu de saída a Santiago de Compostela o martes 26 de novembro, onde puideron visitar a catedral, o casco histórico, o museo e o parlamento.
No mes de novembro conmemórase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Segundo ONU Mulleres, a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo a violación dos dereitos humanos máis estendida no mundo.
Estímase que 736 millóns de mulleres, case unha de cada tres, sufriron violencia física ou sexual por parte da súa parella, violencia sexual fóra da súa parella ou ambas as dúas, polo menos unha vez na súa vida.
Máis de catro de cada cinco mulleres e nenas (86 %) viven en países sen unha forte protección legal ou en países onde os datos non están dispoñibles.
Os alumnos de 5º e 6º de educación primaria, gozaron da presenza do Presidente da Fundación Breogán, e traballadores da mesma, tamén contaron coa presenza da directora da UNED, e do xogador Dragan Apic. Onde nos explicaron o concurso de reciclaxe de materiais escolares á que o colexio se apuntou nesta edición, co título: "Ningún aro sen rede".
Comentar que tivemos coa gran presenza de Dragan Apic.
Dragan Apic é un xogador de baloncesto que naceu o 03 de outubro de 1995 en Novi Sad. Mide 2m06 de altura. E xoga no posto de á-pivote / pivote.
Realizaron diferentes xogos e recibiron disitintos premios para as súas clases.
O alumnado de 3º de E.P elaboraron receitas caseiras para demostrar o cociñeiro/a que teñen dentro.
Hoxe, as alumnas/os e os mestres/as gardamos uns minutos de silencio en homenaxe ás vítimas pola dina.
Saída dos maiores do colexio a ver a obra: "O mundo está roto pero pódese camiñar"
Este pasado martes todos os profesores do colexio realizaron o curso de reciclaxe de RCP.
Outro ano máis pasámolo moi ben na festa do Samaín do colexio. Disfrutamos de xogos e dunha merenda organizada pola AMPA do colexio
Durante as festas do Samaín o alumnado visitou distintas aulas para axudar a outros alumnos a elaborar obxectos para decorar as distintas clases.
Saída de 1º e 2º de E.P. "Simultánea" Escenas de costa e mar aberto. AFUNDACIÓN LUGO
Visita a la exposición con amena explicación e posterior taller de arte creativo.
Hoxe entregamos os premios do material deportivo da "XV Carreira Profe Alberto" celebrada o pasado mes de xuño. Este premio dependía dos alumnos/as de cada centro inscritos na carreira.
Premiados:
CEIP Antonio Insua Bermúdez
Este ano inauguramos o parque infantil do Colexio CPR Plurinlingue Cervantes Lugo. Agardamos que o alumnado do colexio disfrute moito deste material.
Podes acceder á lista de libros para o curso 24-25
O mércores 26, ás 11:00 horas farase entrega das cualificacións ao alumnado presente.
O acto terá unha duración de 10 minutos, onde os alumnos poderán acudir ás súas respectivas clases e o titor/a facilitaralles as cualificacións do curso 23-24.
Se unha familia non pode asistir, os seus substitutos deberán traer xustificante con copia do DNI. Estas persoas agardarán fóra do colexio, cando o titor remate de dar as cualificacións aos alumnos, procederá a dar o resto.
Magnífica festa de fin de curso organizada pola Anpa do colexio. O mago Rafa fixo as delicias dos máis pequenos e despois tomaron un riquísimo aperitivo.
O Plan Proyecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a promover a innovación educativa nos centros mediante programas educativos que desenvolven competencias clave como eixo do currículo e elementos transversais educación en valores.
O Bosque de Bonxe Máxico comezou como unha iniciativa privada pero converteuse nun atractivo para visitantes de toda Galicia. Na finca de máis dunha hectárea hai figuras e esculturas de todo tipo realizadas por artesáns. Todos eles están feitos de madeira, utilizando materiais locais e nobres. Ao pasar polo arco de entrada, o bosque recibe aos visitantes cunha fada esculpida sobre un tronco de madeira, un mago cunha curuxa -símbolo da sabedoría-, gnomos ou ducias de casas en miniatura que albergan vida propia.
Grazas a todos os asistentes que nos acompañastes no tradicional desfile escolar no Arde Lucus
CORAX, é un Centro Educativo de Fauna Silvestre autorizado pola Xunta de Galicia que promove actividades lúdico-formativas dirixidas a todo tipo de visitantes: particulares, familias, colexios, asociacións, campamentos ou profesionais.
Contan con máis de 50 especies diferentes, entre leóns, tigres, lobos, suricatas, aguias, monos, linces, tartarugas, xabarís, hienas, lontras, coatíes, etc. O seu principal valor é a proximidade coa que se pode observar a súa especie, animais moi sociables que se comportan de forma natural e espontánea, o que permite gozar dunha visita agradable e diferente.
As experiencias son unha das auténticas fontes de coñecemento, é por iso que deseñan un conxunto de propostas vivenciais dirixidas a fomentar a curiosidade e o amor pola natureza, traballando tanto coas emocións que proporciona a proximidade dos animais, como coa formación que nos imparte. especialistas para xerar cariño e coñecemento polo noso medio natural
Abril Castro Purriños, de 11 anos è alumna de 6º de primaria do colexio Cervantes, foi premiada no certame Que é un rei para ti?, por Fundación Institucional Española (Fies) e Fundación Orange. O seu traballo, O carrusel de España, mostra todas as comunidades autónomas movéndose e virando de xeito harmónica nun carrusel encabezado polo monarca.
Co motivo da celebración o día 1 de Xuñp do "Día Mundial do leite" a Asociación de Gandeiros Agromuralla agasallounos con leite fresca para todo o alumnado do colexio. Moitas Grazas.
XIV Edición da Carreira Solidaria do Colexio, memorial profe Alberto. Gracias a todos os asistentes e por ser tan solidarios.
Policia Local de Lugo, Policia Nacional e a Guardia Civil acudiron con patrullas al colegio para mostrar a los más pequeños todo el equipamiento que utilizan y poder explicarles de primera mano su maravilloso oficio.
Magnífica convivencia do Colexio CPR Cervantes vivida en Castroverde, o domingo día 26, organizada pola AMPA.
As familias puideron gozar dun día soleado, con petiscos e bebidas. Os nenos e nenas do colexio contaron con monitores e inchables de Total Sport.
Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Jose da asociación SOMOS e a Miguel, xogador de baloncesto en cadeira de rodas.
Explicáronnos que é o cancro, a discapacidade, como funciona unha cadeira de rodas, diferentes deportes para persoas con discapacidade...
Charla moi amena onde todo o alumnado do colexio aprendeu moito sobre temas imprescindibles na vida.
Colgamos nesta nova o documento coas instrucións a completar para solicitar a axuda de libros para o curso 24 - 25
Curso RCP para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria o 14/05/24.
A reanimación cardiopulmonar é unha técnica para salvar vidas que é útil en moitas situacións de emerxencia nas que a respiración ou o latido cardíaco dunha persoa parou.
O relator foi Camilo Vázquez Corveiras, enfermeiro, coordinador autonómico de SEMES RCP e Instrutor de Soporte Vital Avanzado, coa axuda vital da profesional Belén Martínez Busto.
O xoves 9 de Maio, vivimos unha experiencia marabillosa, compartindo actividades e vivencias con Cogami - confederacion gallega de minusvalidos .
Ser conscientes da diversidade do mundo que nos rodea é esencial para formarnos como persoas.
Desexando repetir.
Os alumnos de cuarto e quinto de primaria foron de excursión a Viveiro, facer deporte no parque de aventura "Roq Park", comeron no monte de San Roque, e puideron pisar a praia no mes de maio.
Pois que se realiza unha actividade tan divertida como a realizada por Alba mestra de prácticas co alumnado de segundo de primaria.
Primeiro repasamos os diferentes ecosistemas e os seres que os habitan.
Segundo os alumnos crearon os seus propios ecosistemas utilizando a técnica de recortado con dedos, dando forma a diferentes árbores e animáis. Logo empregamos a técnica de carboncillo para darle vida. Pegamos os nosos ecosistemas nun gran mural e tocou averiguar que accións do home os están a danar.
Por último coa técnica de arrastre os nenos e nenas descubriron como o lume e as distintas accións do home os modifican e destruen. Aquí está o resultado.
O alumnado de 4º de Primaria representou por grupos diferentes obras teatrais que expuxeron na clase.
Hoxe tivemos a visita da asociación C.A.S.A.G.A. de Ferrol, dedicada ó rescate de persoas desaparecidas con perros. Fixeron unha explicación detallada de como debemos de coidar ao noso animal doméstico e realizaron diferentes rescates.
O Salón de Columnas do Círculo das Artes acolleu a celebración da edición número XXV da Olimpíada Matemática Galega, organizada por Agapema Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).
Trátase dun evento enmarcado dentro dun proxecto internacional, orientado a fomentar o ensino das matemáticas de forma máis creativa e reflexiva, fronte a unha aprendizaxe baseada na adquisición de algoritmos por repetición.
O Rebumbio Matemático, proba por equipos dirixida a alumnos de sexto de primaria, foi hoxe de 10.30 a 13.00 horas.
Os 40 finalistas seleccionados na fase de zona, acudirán á Fase Final Galega, que terá lugar o xoves 23 de maio, de 12.00 a 14.00 horas, tamén no Círculo das Artes, onde se concentrarán estudantes de toda Galicia, e dos que soamente tres representantes, chegarán á final española, que este ano se celebrará en Estremadura no mes de Xuño.
Pouco a pouco, os vinilos sobre ilustracións de Cervantes, frases do gran escritor ou imaxes, serven de motivación para os nosos pequenos/as alumnos/as
Xogador e membros do corpo técnico estiveron realizando unha visita ao colexio, para regalar entradas para o partido do vindeiro sábado contra o Rayo Majadahonda.
Saída de 5º e 6º de E.P. a empresa DaVeiga e a Carballolandia.
Importante día para o noso centro. Onde estamos inmersos e moi implicados no Proxecto de "Voz Natura" e queremos un mundo mello, unha terra moito mellor. Diferentes artículos da Voz de Galicia evidencian este feitos.
Tamén coa colaboración no programa "Fitas do Vento", onde faixe un traballo espectacular con mais centro de Galicia para axudar a colexios de Mozambique. "Proxecto dE irmandade, escolas Galegas e Africanas"
“Unha inquitude creativa”
1º e 2º de E.P. fixeron unha visita guiada á exposición e posterior obradoiro creativo. Disfruta dun pouco de tempo no parque do Campo Castelo, regresa ao colexio dando un paseo pola muralla
O domingo 14 de abril o alumnado do colexio puido participar na terceira xornada de xogade na súa modalidade de atletismo.
O sábado 13 de abril o alumnado do colexio tivo a oportunidade de facer unha saída co profe Jesús, o profe Gonzalo e a profe Tere, onde puideron coñecer a cidade de Lugo dun xeito diferente.
Lugares nos que nunca estiveches, historias que nunca escoitaches e mesmo visitas diferentes museos ou ruínas históricas romanas da nosa cidade.
El próximo martes 16 de abril a las 18:30 tendrá lugar en el Auditorio de Sede Afundación, de la mano de la Fundación San Rafael, el I Festival Solidario Fitas do Vento en el que se compartirán algunas de sus acciones, acompañados de música y testimonios del profesorado y escuelas participantes en el proyecto. En el acto se difundirán las acciones solidarias del proyecto, entre ellas becas de estudios. Las aportaciones a las escuelas africanas pueden hacerse desde la web:
https://sjgalicia.org/becas-esil/
Fitas de Vento es un proyecto intercentros que surgió a partir del hermanamiento colegial de Santa María del Mar y que potencia espacios de trabajo, encuentro y participación del alumnado y profesorado gallego y mozambiqueño, siempre desde la perspectiva de enriquecimiento mutuo y a través del respeto y la valoración de la diversidad, la defensa del medio ambiente, la igualdad de género y la justicia social.
Una simbiosis que contribuya a desarrollar hombres y mujeres capaces de humanizar y transformar su realidad: conscientes, competentes, comprometidos y compasivos.
Os alumnos e alumnas de 5º e 4º de educación primaria visitaron a EDAR e a ETAP no día de hoxe.
Os alumnos e alumnas de 5 anos deléitannos cunha magnífica obra de teatro.
O 8 de abril o alumnado de 4º de Primaria puido expoñer ante os seus compañeiros as maquetas do aparello excretor ou circulatorio.
Puideron explicar o funcionamento de cada aparato para seguir aprendendo dun xeito diferente
Hoxe tivo lugar a segunda Xornada do xogade, na modalidade de atletismo.
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ofrece aos seus visitantes a posibilidade de gozar da mostra Barbie: Cine e moda, unha exposición que resume a historia da coñecida boneca e a súa relación, íntima e estreita, con ambos os sectores durante décadas.
Desde a súa creación, Barbie foi vestida polos grandes deseñadores de moda de todos os tempos: Armani, Versace, Pertegaz, Óscar da Renda, Christian Dior e moitos máis. "Algúns dos seus modelos podemos velos nesta exposición que conta, ademais, cun deseño realizado por Lorenzo en exclusiva para Barbie: Cine e moda"
Hoxe estivo con nós Andrea Maceiras, escritora do libro "Cuenta Nueve Estrellas" e "La hoja azul". Visitando aos alumnos de 5º e 6º
Magnífico día na pista de atletismo, onde os nosos atletas fixeron moitas probas na I Xornada do Xogade.
A escritora Antía Yañez visitou o colexio, onde presentou aos nenos de 5º e 6º de E.P. o seu libro "Plan de rescate".
Os alumnos/as aprenderon moitas cousas sobre a escritora, fixeron moitas preguntas sobre o libro e os seus protagonistas.
Charla sobre o Bullying onde se pretendía, entre outras cousas, sensibilizar ao alumnado para diferenciar o que é un conflito do que é violencia.
Ofrecer ferramentas para resolver os conflitos de forma positiva, sen violencia.
Proporcionar un contexto onde poder comentar, falar e expoñer as dificultades e tensións que poidan xurdir na aula e na escola.
Aínda tiñamos que subir a magnífica saída que o alumnado de ºo de Primaria fixo á Fundación, "A Nosa Terra", a mostra está composta por unha selección de 37 pezas da Colección de Arte do Parlamento de Galicia, que recolle un total de 300 obras de arte galega, memoria viva das diferentes etapas históricas que, ao longo do os últimos cen anos, determinaron as tendencias artísticas adoptadas en Galicia.
O alumnado de 5º realizaron un obradoiro, “Atlantes de pincel e espátula”. A programación tecnolóxica deu lugar a un dos xiros máis sorprendentes da arte actual. E se puidésemos facer unha obra de arte a partir dun deseño robótico? Para comprender a orixe desta viaxe hai que coñecer de onde proceden as formas artísticas e como se desenvolveron en Galicia ao longo do século pasado.
Nesta obra, recomendada a partir de catro anos, cóntase a historia dun mozo diferente, ao que lle gustan moito os avións e tocar o piano.
A Hugo diagnostícanlle un TEA, un trastorno do espectro autista, e recibe a visita diaria de Laia, á que lle gusta falar e as plantas.
A través das súas conversas, afondan na empatía, na necesidade de comunicarse e na beleza da diferenza.
Foron á cidade da cultura, onde puideron contemplar os distintos hábitats da antigüidade con lentes de realidade aumentada.
Visitaron o museo da vila galega, e realizaron diferentes xogos por equipos.
Pola tarde acudiron á Catedral de Santiago de Compostela
Experimento sobre un fluido no Newtoniano. Prueba científica y divertida.
O alumnado de cuarto de Primaria fixo diferentes lemas para a materia de lingua galega onde terían que referirse ao colexio
É unha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres.
O obxectivo é sensibilizar á sociedade e promover a igualdade real de xénero.
Así, reclama a redución das desigualdades de xénero.
Neste sentido, o 8M lembra tamén que a violencia contra as mulleres, especialmente a violencia de xénero e a violencia sexual, é a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais.
Grazas por toda a vosa solidariedade. Roupa destinada á empresa Mariola
O martes 6 de marzo, tivo lugar a entrega do cheque á fundación "Somos" Unidos contra o Cancro, coa recadación da "XIII Carreira Solidaria do colexio CPR Cervantes-Memorial Profe Alberto".
A recadación ascendeu a 3.792 euros. Os cartos foron entregados hai meses, pero o martes 6 reunímonos para facer a foto conmemorativa.
Estes cartos serviron para que a fundación “Somos” saíse adiante e iniciara un proxecto de ximnasia para persoas oncolóxicas. Coa axuda de Forus van dúas veces á semana a facer actividade física.
Dende o colexio estamos encantados de aportar un gran de area a esta fundación. Comentar tamén que a edición deste ano, que xa será a décimo cuarta, será o 2 de xuño.
Nos últimos anos fomos conseguindo 800 inscritos na carreira, e todo o destinado será ofrecer solidariamente.
Este ano haberá premios en material deportivo para os tres primeiros colexios con máis participantes na carreira.
Ao inscribirse na carreira, pode decidir se facer unha doazón en diferentes apartados.
A carreira terá lugar preto do colexio, na praza do Agro de Rolo.