PUNTO LARANXA VIRTUAL

O Colexio CPR Plurilingüe Cervantes informa á súa comunidade educativa da implantación do Punto Laranxa Virtual na nosa web do centro, como punto virtual de denuncia anónima e accesible para calquera persoa.

Falamos dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.

Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares  e os espazos de interacción da mocidade conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.

Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro.

Contáctanos

Este campo es obligatorio

* Indica los campos obligatorios
Hubo un error al enviar su mensaje. Por favor, inténtelo de nuevo.
¡Gracias! Nos pondremos en contacto con usted lo antes posible.

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.