20 de xuño
Coreografías Plan Proxecta
Outro ano máis, en educación física, continuamos cunha nova edición desta competición escolar, onde cada clase escolle catro capitáns e equipos para competir en diferentes deportes. Ao final, cada alumno recibe unha medalla e un cromo personalizado.
20 de xuño
Liga Interna 24-25
Outro ano máis, en educación física, continuamos cunha nova edición desta competición escolar, onde cada clase escolle catro capitáns e equipos para competir en diferentes deportes. Ao final, cada alumno recibe unha medalla e un cromo personalizado.
20 de xuño
Premio Cáritas Diocesana de Lugo
A clase de 5 anos e a de 3º de educación primaria conseguiron un premio as clases máis creativas, de parte de Cáritas Diocesana de Lugo.
16 de xuño
16 de xuño
Sabe a mar
A Xunta de Galicia, a través da campaña "Galicia sabe amar", está a levar a cabo unha iniciativa para promover o consumo de produtos pesqueiros nos centros educativos.
15 de xuño
Arde Lucus
Outro ano máis puidemos desfrutar do desfile escolar do Arde Lucus. Moitas grazas a todos os participantes.
10 de xuño
Lucus Aventur
O luns 9 de xuño, o alumnado de 3º e 4º de primaria foi a Lucus Aventur para facer as actividades de tirolina e kaiak/paddle surf.
5 de xuño
Que é un Rey para tí?
O xoves 5 de xuño tivo lugar en Santiago de Compostela a cerimonia de entrega de premios da obra "Que é un rei para ti?". Tres dos nosos alumnos recibiron premios: Bruno Otero, Miguel Arias e Martín López.
1 de xuño
Cto. Provincial Xogade
O pasado domingo tivemos tres representantes no campionato provincial de atletismo: Xoel 4º en pelota, Xabi 6º en pelota, e Martín 6º en salto de altura.
30 de maio
Cambados
O alumnado de 5º e 6º de E.P. viaxaron a Cambados para ser mariscadores durante un día.
29 de maio
Anuncios 3º E.P.
O alumnado de 3º de E.P. deleitannos con anuncios creados por eles mesmos.
27 de maio
XV Carrera Solidaria - Memorial Profe Alberto.
Queremos agradecer a todos os que se inscribiron e participaron na carreira solidaria do colexio, en homenaxe ao profesor Alberto.
Este ano conseguimos unha recadación de fondos récord para a investigación do glioblastoma realizada no HULA.
16 de maio
Rebumbio matemático
Subcampións galegos do rebumbio matemático. O trío formado por David Barrera, Amanda Rubinos, e Lucas Timm Fernández acadou o segundo posto no concurso escolar galego de rebumbio matemático.
17 de maio
Día das Letras Galegas
A nosa pequena homenaxe a un dos días máis importantes de Galicia.
15 de maio
O Coro do Cervantes no Corgo
Os nenos e nenas do coro do colexio CPR Cervantes visitaron a residencia da terceira idade do Corgo. Realizar diferentes lecturas e cánticos. Unha visita moi especial para todos.
13 de maio
Formación profesorado "Biblioteca"
O profesorado do CPR Cervantes segue a recibir formación continua; o último curso foi sobre as bibliotecas escolares.
9 de maio
Guía para o paso a Secundaria (Ánxel Fole)
Esta guía contén unha información básica sobre este cambio a unha nova etapa e que tanto preocupa ás familias. Inclue todas as cuestións que normalmente lles producen inquedanza.
9 de maio
Pandereteiras María Raxeta
O venres 9 de maio tivemos a visita de catro integrantes do grupo de música tradicional galega “María Raxeta” que nos deleitaron con cantigas tradicionais en homenaxe ás cantareiras, ás que se lles adica o Día das Letras Galegas de 2025.
8 de maio
C.E.E. Santa María
Os nenos e nenas do colexio puideron traballar con os alumnos do C.E.E. de Santa María nunha xornada espectacular.
27 de abril
Carreira Solidaria Colexio CPR Cervantes - Memorial Profe Alberto
Xa está aquí a decimoquinta edición da carreira solidaria do colexio. Todo o recaudado irá destinado para a investigación sobre o glioblastoma.
25 de abril
REBUMBIO MATEMÁTICO
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na súa intención de establecer e manter vivo o contacto permanente cos Centros de Educación Primaria e co seu profesorado, especialmente co de matemáticas, convoca esta actividade coa finalidade de contribuír á mellora da educación en xeral, e do proceso de ensinanza – aprendizaxe das matemáticas en particular.
Trátase dunha actividade que tenta fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo. De aí a súa estrutura e o seu desenvolvemento. As actividades matemáticas a desenvolver serán variadas, alternándose as de tipo manipulativo coas de dedución e razoamento, de xeito que motiven aos participantes.
25 de abril
CORO DO CPR CERVANTES
O CORO EN FITAS DO VENTO
Onte pola tarde os alumnos do coro do colexio foron cantar á Coruña ao festival solidario "Fitas do Vento".
21 de abril

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNOS 25/26
LISTAXE DEFINITVA ADMITIDOS CURSO 25-26
O día 25 de Abril, publicaranse no colexio, as listas definitivas cos alumnos/as para o curso 25/26
15 de abril
Festival Solidario "Fitas do Vento"
O COLEXIO CERVANTES DE LUGO ESTÁ CON FITAS DO VENTO
Na primavera do 2017, e a partir do Convenio de Irmandamento das Escolas Santa María do Mar e Escola Secundaria Inácio de Loiola en Mozambique, comezouse unha serie de colaboracións puntuais que fructuficaron nun proxecto de irmandamento coa Escolinha CEI AMAN en Tete (Mozambique) co envío de material escolar e dunhas cintas de vento elaboradas polas familias das escolas participantes na Coruña: EEI Arela, EEI Carricanta, EEI Montealto, EEI Vos Cativos e a etapa de EI do colexio Santa María do Mar e o CPR Cervantes de Lugo.
Unha acción coa que se pretendía, por unha banda, sensibilizar, concienciar e fomentar a participación activa do alumnado e das familias na consecución dunha cidadanía solidaria e comprometida co desenvolvemento sostible a nivel global e, pola outra, xerar un espazo de intercambio docente para o fortalecimento das competencias docentes e dos nenos e nenas de Educación Infantil. Así ao longo destes anos desenvolvéronse seminarios docentes, visitas de profesorado de ambos os continentes e accións solidarias, sempre desde a perspectiva do enriquecemento mutuo e cidadanía global.
Esta idea inicial, é hoxe un proxecto no que participan máis de cen profesores e profesoras da península ibérica e Mozambique e preto de de 6000 estudantes e familias.
Desde o curso pasado e da man da Fundación Santo Rafael, celébrase unha Gala solidaria na que alumnado de distintos centros educativos mostrará o seu talento artístico para recadar fondos destinados aos proxectos en marcha en Mozambique e mostrar o traballo conxunto entre escolas galegas e africanas. Este ano celebrarase o 24 de abril as 18:30 na sede de Afundación na Coruña.
O colexio Cervantes participa cun coro de nenos e nenas como colexio que participa en Fitas de Vento desde os seus inicios. Ao longo de todos estes anos no centro leváronse a cabo diferentes actividades de apoio e colaboración coa Escolinha de CEI AMAN en Tete, desde recollida de útiles escolares, ata elaboración de material didáctico, charlas co profesorado para ensinarlles distintos métodos de lectura, diferentes proxectos co que se pretende é conseguir os seguintes obxectivos:
■ Concienciar ao alumnado e ás súas familias da realidade doutros países.
■ Desenrolar valores como a cooperación, a solidariedade e o traballo en equipo.
■ Favorecer o coñecemento do planeta, con diferentes mares, pobos e países.
■ Incidir na diversidade étnica do ser humano, con diferentes tons de pel.
■ Dar valor á nosa lingua propia, que ten moito en común co portugués, o idioma que se fala en Mozambique.
■ Transmitir a idea de cidadanía global, facendo fincapé en que todos somos habitantes dun mesmo mundo.
■ Traballar a tolerancia e o respecto polas diferentes culturas.
■ Ampliar a visión e perspectiva que os mozos teñen de África, aprendéndolles a súa diversidade e riqueza cultural.
■ Erradicar prexuízos e estereotipos sobre a vida en Mozambique e outros países africanos.
■ Sensibilizar ás familias sobre esta realidade, e dar a coñecer a participación en proxectos de irmandamento e colaboración.
Podedes seguir a nosa actividade no blog
https://fitasdevento.wordpress.com
11 de abril
Infantil coa máquina láser
FOs nenos e nenas de 5 anos traballaron coa máquina láser
8 de abril
Castelo de Castro Candelas
Fomos ao castelo de De Castro Caldelas
Merendamos na praza da vila e despois subimos camiñando ata o castelo.
Unha vez no castelo, un obradoiro incluíu unha explicación histórica dos castelos, quen vivían neles, como vivían, e a creación dun castelo de cartón con catro personaxes para inventar unha historia.
Percorrido explicativo por todo o castelo dirixido por un personaxe da época "Lucita".
Xantar nos arredores do castelo e volta ao autobús para o regreso a Lugo
8 de abril
Mobbing laboral
O luns os alumnos de 6 de educación de primaria tiveron a oportunidade de escoitar a Rosa Valín. Escritora do libro "Mobbing no hospital"
Charla moi produtiva sobre o mobbing laboral.
1 de abril
Gincana
Gincana feita polos alumnos de 4º de proxecto competencial, para os alumnos de 6º de educación primaria.
30 de marzo
Xogade II Xornada
II xornada de atletismo en pista, dentro da modalidade do Xogade.
29 de marzo
MIHL. 6º E.P.
Saída do curso de 6º de E.P., ao MIHL de Lugo. Visita sobre a realidade virtual e neurociencia, de Silvia Sánchez.
24 de marzo
STOP Bullying
O alumnado de 6º na materia de proxectos de competencial convertéronse en actores e actrices para facer unha curtametraxe sobre o bullying.
24 de marzo
A Sinfonía do cambio
O alumnado de 3º e 4º de E.P. foron o Auditorio Gustavo Freire a unha obra de teatro: "A sinfonía do cambio"
Nun mundo de escaseza de materias primas e de excesos de lixo, é a hora de sonorizar o momento do cambio… Esta vai ser a SINFONÍA DO CAMBIO. O enxeño dos nosos instrumentos creados a partir de lixo: botellófono, batería de bidóns, tecno tubo e o galesamba, entre outros, serán o prato forte desta creación.
23 de marzo
I Xornada de Xogade. 23-03-25
Os nenos e nenas do Colexio CPR Cervantes gozaron da I Xornada do Xogade do atletismo en pista.
21 de marzo
Saída á biblioteca Municipal 6º E.P.
O alumnado de 6º de E.P. tivo unha saída á biblioteca minicipal de Lugo, onde poideron visitar as súas instalacións e facer un Scape room moi divertido e didáctico, onde aprenderon moitas cosas sobre Castelao.
20 de marzo
Formación IA
Os mestres e mestras do colexio, estiveron a formarse o martes 18 cun profesional do sector, Raúl Ordoñez. Tiveron a oportunidade de experimentar con aplicacións e webs novedosas para utilizar co alumnado.
19 de marzo
Contacontos 1º e 2º E.P.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria tiveron a oportunidade de ecoitar o contacontos: "O tren fantasma" de María Oruña.
13 de marzo
Educación Vial
Os nenos e nenas de 5º de educación primaria tiveron a oportunidade de realizar educación vial no parque da milagrosa.
11 de marzo
Premios Asociación Belenistas de Lugo
Xa temos con nós os premios que nos concedeu a Asociación de Beléns de Lugo.
02 de Marzo
Voz Natura
O coñecemento e uso da ciencia e do método científico para protexer o medio ambiente constitúe o foco principal da presente edición de Voz Natura.
Seguindo este criterio, o colexio CPR Cervantes de Lugo, co apoio deste programa de educación ambiental, organiza durante este curso diversas iniciativas para promover o coñecemento científico da natureza entre o seu alumnado.
01 de Marzo
Pésame pola nosa Alcaldesa
O claustro de mestres e a comunidade educativa á que representamos, sumámonos o pésame polo pasamento da nosa alcandesa.
D. Paula Alvarellos
28 de febreiro
Comparsas do Entroido
Comparsas de todo o alumnado do Colexio Cervantes na Plaza Agro do Rolo.
Incribles fotografías feitas por Purriños fotografas. Moitas grazas pola cesión das mesmas.
21 de febreiro
Taller de ira. 6º E.P.
O alumnado de 6o de Primaria tivo un obradoiro de control da ira, a cargo da fundación Amigó
18 de febreiro
Obra de teatro dos nenos e nenas de 5 anos
Os nenos e nenas de 5 anos convértense en actores e actrices e interpretan unha gran obra de teatro
10 de febreiro
Marcos Lavín do C.D. Lugo no Colexio
Onte visitounos o gardameta do CD Lugo, Marcos Lavín, para falarnos do seu traballo como deportista profesional e darlle aos alumnos a entrada para o partido do domingo ás 16:00 horas ante o Sestao River.
10 de febreiro
Conta contos E.I. 1º e 2º E.P.
Onte tivemos a sorte de contar con Alba Veiga, escritora do libro: Quen dixo medo? Visitounos para contar o conto ao alumnado de infantil e de primeiro e segundo de primaria. Tamén elaboraron diferentes caixas cos medos do alumnado para poder traballar mellor.
7 de febreiro
O EMEVE no colexio
Unha representación tanto masculina como feminina de Emeve achegouse ao colexio para dar unha charla e ofrecer entradas gratis para o seu próximo partido.
5 de febreiro
MUNCYT - MAHI 3º e 4º E.P.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria viaxou á Coruña, ao MUNCYT e ao MAHI.
4 de febreiro
Lego espaciales 5º E.P.
Os nenos e nenas de 5º de educación primaria fixeron un grandísimo traballo conxunto, e lograron facer a representación dunha viaxe espacial.
31 de Xaneiro
Carnets Ciberbullyng 6º E.P.
A subdelegada do Goberno de Lugo, Isabel Rodríguez, fixo entrega dos carnets de ciberexpertos aos alumnos/as de 6º de E.P.
29 de Xaneiro
My Funny Frankenstein. 5º e 6º E.P.
Unha obra de teatro sobre unha doctora sin corazón que quería crear un monstruo intelixente robando cerebros.
14 de Xaneiro
Premiación "La voz de la verdad"
Ayer en la librería “La Voz de la Verdad” se entregaron los premios del concurso anual de la librería. Donde nuestro alumno de segundo de primaria, Xoel Otero Vilanova, recibió un diploma por su maravilloso dibujo.
24 de Decembro
Bo Nadal
Toda a comunidade educativa do centro, os desexa un feliz Nadal.
20 de Decembro
Papá Noel no colexio. O Coro visita as residencias de Anciáns.
Magnífico derradeiro día de todos os alumnos/as do colexio
Cervantes, para dar a benvida as vacacións de Nadal.
17 de Decembro
Infantil no Belén de Begonte
Os pequenos alumnos do colexio foron a Begonte para ver o magnífico Belén.
12 de Decembro
Ciberbullyin coa Policia Nacional
O alumnado de 6º de Primaria recibiu un curso de ciberbullying da Policía Nacional.
Durante 4 días estiveron recibindo explicacións, consellos e pautas fundamentais para o uso de Internet.
Ao recibir esta gran formación, os estudantes recibirán tarxetas de ciberexperto.
O alumnado de 5º de Primaria tamén impartiu unha charla sobre o mesmo contido.
12 de Decembro
Tenis na escola
O derradeiro mes levamos a cabo unhas sesións ao redor do deporte do tenis. Isto é debido, entre outras cousas, ao acollemento ao comezo do curso dun programa educativo que promove a FGT (Federación Galega de Tenis) chamado, "Tenis na escola". Ceden temporalmente material deportivo, raquetas e pelotas, para poñer en práctica unhas sesións e dar a coñecer e promover este deporte entre o alumnado. Xa levamos catro anos acolléndonos a el. Con gran entusiasmo por parte do alumnado.
12 de Decembro
Leonardo Da Vinci 5º-6º
Leonardo da Vinci cultivou o seu coñecemento mediante a observación, a experimentación e as analoxías, que moitas veces poñían en cuestión teorías inmutables e ideas preconcibidas.
Os nenos e nenas do colexio puideron descubrir os principios da súa creatividade a través de contidos interactivos, audiovisuais, xogos e maquetas a gran escala dalgúns dos seus inventos.
11 de Decembro
Leonardo Da vinci 3º-4º
Leonardo da Vinci cultivou o seu coñecemento mediante a observación, a experimentación e as analoxías, que moitas veces poñían en cuestión teorías inmutables e ideas preconcibidas.
Os nenos e nenas do colexio puideron descubrir os principios da súa creatividade a través de contidos interactivos, audiovisuais, xogos e maquetas a gran escala dalgúns dos seus inventos.
10 de Decembro
Leonardo Da vinci 1º-2º
Leonardo da Vinci cultivou o seu coñecemento mediante a observación, a experimentación e as analoxías, que moitas veces poñían en cuestión teorías inmutables e ideas preconcibidas.
Os nenos e nenas do colexio puideron descubrir os principios da súa creatividade a través de contidos interactivos, audiovisuais, xogos e maquetas a gran escala dalgúns dos seus inventos.
26 de Novembro
Saída 5º e 6º de E.P.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria saíu de saída a Santiago de Compostela o martes 26 de novembro, onde puideron visitar a catedral, o casco histórico, o museo e o parlamento.
25 de Novembro
25 N
No mes de novembro conmemórase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Segundo ONU Mulleres, a violencia contra as mulleres e as nenas segue sendo a violación dos dereitos humanos máis estendida no mundo.
Estímase que 736 millóns de mulleres, case unha de cada tres, sufriron violencia física ou sexual por parte da súa parella, violencia sexual fóra da súa parella ou ambas as dúas, polo menos unha vez na súa vida.
Máis de catro de cada cinco mulleres e nenas (86 %) viven en países sen unha forte protección legal ou en países onde os datos non están dispoñibles.
12 de Novembro
Fundación Breogán.
Os alumnos de 5º e 6º de educación primaria, gozaron da presenza do Presidente da Fundación Breogán, e traballadores da mesma, tamén contaron coa presenza da directora da UNED, e do xogador Dragan Apic. Onde nos explicaron o concurso de reciclaxe de materiais escolares á que o colexio se apuntou nesta edición, co título: "Ningún aro sen rede".
Comentar que tivemos coa gran presenza de Dragan Apic.
Dragan Apic é un xogador de baloncesto que naceu o 03 de outubro de 1995 en Novi Sad. Mide 2m06 de altura. E xoga no posto de á-pivote / pivote.
Realizaron diferentes xogos e recibiron disitintos premios para as súas clases.
11 de Novembro
Receitas 3º E.P.
O alumnado de 3º de E.P elaboraron receitas caseiras para demostrar o cociñeiro/a que teñen dentro.
8 de Novembro
Homenaxe ás vítimas pola dina.
Hoxe, as alumnas/os e os mestres/as gardamos uns minutos de silencio en homenaxe ás vítimas pola dina.
6 de Novembro
Saída 6º e 5º Auditorio Gustavo Freire
Saída dos maiores do colexio a ver a obra: "O mundo está roto pero pódese camiñar"
7 de Novembro
RCP Maestros
Este pasado martes todos os profesores do colexio realizaron o curso de reciclaxe de RCP.
30 de Outubro
Festa Samaín
Outro ano máis pasámolo moi ben na festa do Samaín do colexio. Disfrutamos de xogos e dunha merenda organizada pola AMPA do colexio
29 de Outubro
Traballos grupais Samaín
Durante as festas do Samaín o alumnado visitou distintas aulas para axudar a outros alumnos a elaborar obxectos para decorar as distintas clases.
21 de Outubro
"Simultánea" Escenas de costa e mar aberto. AFUNDACIÓN LUGO
Saída de 1º e 2º de E.P. "Simultánea" Escenas de costa e mar aberto. AFUNDACIÓN LUGO
Visita a la exposición con amena explicación e posterior taller de arte creativo.
1 de Outubro
Premiación XV Carrera Profe Alberto
Hoxe entregamos os premios do material deportivo da "XV Carreira Profe Alberto" celebrada o pasado mes de xuño. Este premio dependía dos alumnos/as de cada centro inscritos na carreira.
Premiados:
CEIP Antonio Insua Bermúdez
16 de Setembro
Novo parque infantil
Este ano inauguramos o parque infantil do Colexio CPR Plurinlingue Cervantes Lugo. Agardamos que o alumnado do colexio disfrute moito deste material.




26 de Xuño
Lista de libros - Curso 24-25
Podes acceder á lista de libros para o curso 24-25
22 de Xuño
Recollida das notas
O mércores 26, ás 11:00 horas farase entrega das cualificacións ao alumnado presente.
O acto terá unha duración de 10 minutos, onde os alumnos poderán acudir ás súas respectivas clases e o titor/a facilitaralles as cualificacións do curso 23-24.
Se unha familia non pode asistir, os seus substitutos deberán traer xustificante con copia do DNI. Estas persoas agardarán fóra do colexio, cando o titor remate de dar as cualificacións aos alumnos, procederá a dar o resto.
21 de Xuño
Festa fin de curso
Magnífica festa de fin de curso organizada pola Anpa do colexio. O mago Rafa fixo as delicias dos máis pequenos e despois tomaron un riquísimo aperitivo.
19 de Xuño
Coreografías Plan Proxecta
O Plan Proyecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a promover a innovación educativa nos centros mediante programas educativos que desenvolven competencias clave como eixo do currículo e elementos transversais educación en valores.
17 de Xuño
Bosque Máxico - Bonxe
O Bosque de Bonxe Máxico comezou como unha iniciativa privada pero converteuse nun atractivo para visitantes de toda Galicia. Na finca de máis dunha hectárea hai figuras e esculturas de todo tipo realizadas por artesáns. Todos eles están feitos de madeira, utilizando materiais locais e nobres. Ao pasar polo arco de entrada, o bosque recibe aos visitantes cunha fada esculpida sobre un tronco de madeira, un mago cunha curuxa -símbolo da sabedoría-, gnomos ou ducias de casas en miniatura que albergan vida propia.
17 de Xuño
Arde Lucus
Grazas a todos os asistentes que nos acompañastes no tradicional desfile escolar no Arde Lucus
11 de Xuño
Corax - Infantil
CORAX, é un Centro Educativo de Fauna Silvestre autorizado pola Xunta de Galicia que promove actividades lúdico-formativas dirixidas a todo tipo de visitantes: particulares, familias, colexios, asociacións, campamentos ou profesionais.
Contan con máis de 50 especies diferentes, entre leóns, tigres, lobos, suricatas, aguias, monos, linces, tartarugas, xabarís, hienas, lontras, coatíes, etc. O seu principal valor é a proximidade coa que se pode observar a súa especie, animais moi sociables que se comportan de forma natural e espontánea, o que permite gozar dunha visita agradable e diferente.
As experiencias son unha das auténticas fontes de coñecemento, é por iso que deseñan un conxunto de propostas vivenciais dirixidas a fomentar a curiosidade e o amor pola natureza, traballando tanto coas emocións que proporciona a proximidade dos animais, como coa formación que nos imparte. especialistas para xerar cariño e coñecemento polo noso medio natural
8 de Xuño
Abril Campeona Gallega ¿Qué è un rei para ti?
Abril Castro Purriños, de 11 anos è alumna de 6º de primaria do colexio Cervantes, foi premiada no certame Que é un rei para ti?, por Fundación Institucional Española (Fies) e Fundación Orange. O seu traballo, O carrusel de España, mostra todas as comunidades autónomas movéndose e virando de xeito harmónica nun carrusel encabezado polo monarca.
5 de Xuño
Día mundial da leite
Co motivo da celebración o día 1 de Xuñp do "Día Mundial do leite" a Asociación de Gandeiros Agromuralla agasallounos con leite fresca para todo o alumnado do colexio. Moitas Grazas.
2 de Xuño
Memorial Profe Alberto
XIV Edición da Carreira Solidaria do Colexio, memorial profe Alberto. Gracias a todos os asistentes e por ser tan solidarios.
31 de Maio
Policia e a Guardia Civil no Colexio
Policia Local de Lugo, Policia Nacional e a Guardia Civil acudiron con patrullas al colegio para mostrar a los más pequeños todo el equipamiento que utilizan y poder explicarles de primera mano su maravilloso oficio.
27 de Maio
Convivencia Castroverde
Magnífica convivencia do Colexio CPR Cervantes vivida en Castroverde, o domingo día 26, organizada pola AMPA.
As familias puideron gozar dun día soleado, con petiscos e bebidas. Os nenos e nenas do colexio contaron con monitores e inchables de Total Sport.
23 de Maio
Charla SOMOS
Hoxe tivemos a sorte de escoitar a Jose da asociación SOMOS e a Miguel, xogador de baloncesto en cadeira de rodas.
Explicáronnos que é o cancro, a discapacidade, como funciona unha cadeira de rodas, diferentes deportes para persoas con discapacidade...
Charla moi amena onde todo o alumnado do colexio aprendeu moito sobre temas imprescindibles na vida.
22 de Maio
Convocatoria axudas adquisición de libros de texto ou material curso 24/25
Colgamos nesta nova o documento coas instrucións a completar para solicitar a axuda de libros para o curso 24 - 25
14 de Maio
RCP
Curso RCP para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria o 14/05/24.
A reanimación cardiopulmonar é unha técnica para salvar vidas que é útil en moitas situacións de emerxencia nas que a respiración ou o latido cardíaco dunha persoa parou.
O relator foi Camilo Vázquez Corveiras, enfermeiro, coordinador autonómico de SEMES RCP e Instrutor de Soporte Vital Avanzado, coa axuda vital da profesional Belén Martínez Busto.
9 de Maio
COGAMI
O xoves 9 de Maio, vivimos unha experiencia marabillosa, compartindo actividades e vivencias con Cogami - confederacion gallega de minusvalidos .
Ser conscientes da diversidade do mundo que nos rodea é esencial para formarnos como persoas.
Desexando repetir.
7 de Maio
Roq Park
Os alumnos de cuarto e quinto de primaria foron de excursión a Viveiro, facer deporte no parque de aventura "Roq Park", comeron no monte de San Roque, e puideron pisar a praia no mes de maio.
3 de Maio
¿Que ocurre cando mezclamos arte e natureza?
Pois que se realiza unha actividade tan divertida como a realizada por Alba mestra de prácticas co alumnado de segundo de primaria.
Primeiro repasamos os diferentes ecosistemas e os seres que os habitan.
Segundo os alumnos crearon os seus propios ecosistemas utilizando a técnica de recortado con dedos, dando forma a diferentes árbores e animáis. Logo empregamos a técnica de carboncillo para darle vida. Pegamos os nosos ecosistemas nun gran mural e tocou averiguar que accións do home os están a danar.
Por último coa técnica de arrastre os nenos e nenas descubriron como o lume e as distintas accións do home os modifican e destruen. Aquí está o resultado.
30 de Abril
Obras de teatro de 4º
O alumnado de 4º de Primaria representou por grupos diferentes obras teatrais que expuxeron na clase.
28 de Abril
26 de Abril
C.A.S.A.G.A.
Hoxe tivemos a visita da asociación C.A.S.A.G.A. de Ferrol, dedicada ó rescate de persoas desaparecidas con perros. Fixeron unha explicación detallada de como debemos de coidar ao noso animal doméstico e realizaron diferentes rescates.
26 de Abril
O Rebumbio Matemático
O Salón de Columnas do Círculo das Artes acolleu a celebración da edición número XXV da Olimpíada Matemática Galega, organizada por Agapema Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).
Trátase dun evento enmarcado dentro dun proxecto internacional, orientado a fomentar o ensino das matemáticas de forma máis creativa e reflexiva, fronte a unha aprendizaxe baseada na adquisición de algoritmos por repetición.
O Rebumbio Matemático, proba por equipos dirixida a alumnos de sexto de primaria, foi hoxe de 10.30 a 13.00 horas.
Os 40 finalistas seleccionados na fase de zona, acudirán á Fase Final Galega, que terá lugar o xoves 23 de maio, de 12.00 a 14.00 horas, tamén no Círculo das Artes, onde se concentrarán estudantes de toda Galicia, e dos que soamente tres representantes, chegarán á final española, que este ano se celebrará en Estremadura no mes de Xuño.
26 de Abril
Vinilos no colexio
Pouco a pouco, os vinilos sobre ilustracións de Cervantes, frases do gran escritor ou imaxes, serven de motivación para os nosos pequenos/as alumnos/as
24 de Abril
O C.D.Lugo no colexio
Xogador e membros do corpo técnico estiveron realizando unha visita ao colexio, para regalar entradas para o partido do vindeiro sábado contra o Rayo Majadahonda.
22 de Abril
Saída a DaVeiga, Carballolandia, 5º e 6º E.P. Día mundia da Terra
Saída de 5º e 6º de E.P. a empresa DaVeiga e a Carballolandia.
22 de Abril
Día mundial da Terra
Importante día para o noso centro. Onde estamos inmersos e moi implicados no Proxecto de "Voz Natura" e queremos un mundo mello, unha terra moito mellor. Diferentes artículos da Voz de Galicia evidencian este feitos.
Tamén coa colaboración no programa "Fitas do Vento", onde faixe un traballo espectacular con mais centro de Galicia para axudar a colexios de Mozambique. "Proxecto dE irmandade, escolas Galegas e Africanas"
17 de Abril
AFundación "García Gesto"
“Unha inquitude creativa”
1º e 2º de E.P. fixeron unha visita guiada á exposición e posterior obradoiro creativo. Disfruta dun pouco de tempo no parque do Campo Castelo, regresa ao colexio dando un paseo pola muralla
14 de Abril
Xogade 3º Xornada
O domingo 14 de abril o alumnado do colexio puido participar na terceira xornada de xogade na súa modalidade de atletismo.
13 de Abril
Saída o sábado 13 de abril
O sábado 13 de abril o alumnado do colexio tivo a oportunidade de facer unha saída co profe Jesús, o profe Gonzalo e a profe Tere, onde puideron coñecer a cidade de Lugo dun xeito diferente.
Lugares nos que nunca estiveches, historias que nunca escoitaches e mesmo visitas diferentes museos ou ruínas históricas romanas da nosa cidade.
10 de Abril
Fitas do Vento
El próximo martes 16 de abril a las 18:30 tendrá lugar en el Auditorio de Sede Afundación, de la mano de la Fundación San Rafael, el I Festival Solidario Fitas do Vento en el que se compartirán algunas de sus acciones, acompañados de música y testimonios del profesorado y escuelas participantes en el proyecto. En el acto se difundirán las acciones solidarias del proyecto, entre ellas becas de estudios. Las aportaciones a las escuelas africanas pueden hacerse desde la web:
https://sjgalicia.org/becas-esil/
Fitas de Vento es un proyecto intercentros que surgió a partir del hermanamiento colegial de Santa María del Mar y que potencia espacios de trabajo, encuentro y participación del alumnado y profesorado gallego y mozambiqueño, siempre desde la perspectiva de enriquecimiento mutuo y a través del respeto y la valoración de la diversidad, la defensa del medio ambiente, la igualdad de género y la justicia social.
Una simbiosis que contribuya a desarrollar hombres y mujeres capaces de humanizar y transformar su realidad: conscientes, competentes, comprometidos y compasivos.
09 de Abril
Visita EDAR/ETAP
Os alumnos e alumnas de 5º e 4º de educación primaria visitaron a EDAR e a ETAP no día de hoxe.
08 de Abril
Obra de teatro 5 anos
Os alumnos e alumnas de 5 anos deléitannos cunha magnífica obra de teatro.
08 de Abril
Exposición Ciencias Naturais 4º E.P.
O 8 de abril o alumnado de 4º de Primaria puido expoñer ante os seus compañeiros as maquetas do aparello excretor ou circulatorio.
Puideron explicar o funcionamento de cada aparato para seguir aprendendo dun xeito diferente
07 de Abril
II Xornada Xogade 07/04/24
Hoxe tivo lugar a segunda Xornada do xogade, na modalidade de atletismo.
22 de marzo
Exposición de Barbie no MIHL. 5° E.P.
O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ofrece aos seus visitantes a posibilidade de gozar da mostra Barbie: Cine e moda, unha exposición que resume a historia da coñecida boneca e a súa relación, íntima e estreita, con ambos os sectores durante décadas.
Desde a súa creación, Barbie foi vestida polos grandes deseñadores de moda de todos os tempos: Armani, Versace, Pertegaz, Óscar da Renda, Christian Dior e moitos máis. "Algúns dos seus modelos podemos velos nesta exposición que conta, ademais, cun deseño realizado por Lorenzo en exclusiva para Barbie: Cine e moda"
20 de marzo
Andrea Maceira. "Cuenta nueve estrellas" 6º E.P. -" La hoja azul" 5°
Hoxe estivo con nós Andrea Maceiras, escritora do libro "Cuenta Nueve Estrellas" e "La hoja azul". Visitando aos alumnos de 5º e 6º
17 de marzo
I Xornada Xogade
Magnífico día na pista de atletismo, onde os nosos atletas fixeron moitas probas na I Xornada do Xogade.
15 de marzo
Antía Yañez no Colexio CPR Cervantes
A escritora Antía Yañez visitou o colexio, onde presentou aos nenos de 5º e 6º de E.P. o seu libro "Plan de rescate".
Os alumnos/as aprenderon moitas cousas sobre a escritora, fixeron moitas preguntas sobre o libro e os seus protagonistas.
15 de marzo
Charla Bullying 5º E.P.
Charla sobre o Bullying onde se pretendía, entre outras cousas, sensibilizar ao alumnado para diferenciar o que é un conflito do que é violencia.
Ofrecer ferramentas para resolver os conflitos de forma positiva, sen violencia.
Proporcionar un contexto onde poder comentar, falar e expoñer as dificultades e tensións que poidan xurdir na aula e na escola.
15 de marzo
Saída 5º E.P.
Aínda tiñamos que subir a magnífica saída que o alumnado de ºo de Primaria fixo á Fundación, "A Nosa Terra", a mostra está composta por unha selección de 37 pezas da Colección de Arte do Parlamento de Galicia, que recolle un total de 300 obras de arte galega, memoria viva das diferentes etapas históricas que, ao longo do os últimos cen anos, determinaron as tendencias artísticas adoptadas en Galicia.
O alumnado de 5º realizaron un obradoiro, “Atlantes de pincel e espátula”. A programación tecnolóxica deu lugar a un dos xiros máis sorprendentes da arte actual. E se puidésemos facer unha obra de arte a partir dun deseño robótico? Para comprender a orixe desta viaxe hai que coñecer de onde proceden as formas artísticas e como se desenvolveron en Galicia ao longo do século pasado.
13 de marzo
Saída 3º- 4º E.P.
Nesta obra, recomendada a partir de catro anos, cóntase a historia dun mozo diferente, ao que lle gustan moito os avións e tocar o piano.
A Hugo diagnostícanlle un TEA, un trastorno do espectro autista, e recibe a visita diaria de Laia, á que lle gusta falar e as plantas.
A través das súas conversas, afondan na empatía, na necesidade de comunicarse e na beleza da diferenza.
13 de marzo
Saída 5º E.P.
Foron á cidade da cultura, onde puideron contemplar os distintos hábitats da antigüidade con lentes de realidade aumentada.
Visitaron o museo da vila galega, e realizaron diferentes xogos por equipos.
Pola tarde acudiron á Catedral de Santiago de Compostela
13 de marzo
Experimento 2º E.P.
Experimento sobre un fluido no Newtoniano. Prueba científica y divertida.
8 de marzo
Slogans da clase de 4º de primaria
O alumnado de cuarto de Primaria fixo diferentes lemas para a materia de lingua galega onde terían que referirse ao colexio
8 de marzo

8 M
É unha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres.
O obxectivo é sensibilizar á sociedade e promover a igualdade real de xénero.
Así, reclama a redución das desigualdades de xénero.
Neste sentido, o 8M lembra tamén que a violencia contra as mulleres, especialmente a violencia de xénero e a violencia sexual, é a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais.
7 de marzo

Familias solidarias
Grazas por toda a vosa solidariedade. Roupa destinada á empresa Mariola
05 de MARZO

Cheque solidario
O martes 6 de marzo, tivo lugar a entrega do cheque á fundación "Somos" Unidos contra o Cancro, coa recadación da "XIII Carreira Solidaria do colexio CPR Cervantes-Memorial Profe Alberto".
A recadación ascendeu a 3.792 euros. Os cartos foron entregados hai meses, pero o martes 6 reunímonos para facer a foto conmemorativa.
Estes cartos serviron para que a fundación “Somos” saíse adiante e iniciara un proxecto de ximnasia para persoas oncolóxicas. Coa axuda de Forus van dúas veces á semana a facer actividade física.
Dende o colexio estamos encantados de aportar un gran de area a esta fundación. Comentar tamén que a edición deste ano, que xa será a décimo cuarta, será o 2 de xuño.
Nos últimos anos fomos conseguindo 800 inscritos na carreira, e todo o destinado será ofrecer solidariamente.
Este ano haberá premios en material deportivo para os tres primeiros colexios con máis participantes na carreira.
Ao inscribirse na carreira, pode decidir se facer unha doazón en diferentes apartados.
A carreira terá lugar preto do colexio, na praza do Agro de Rolo.
22 de febreiro

IES Ánxel Fole
Todos os alumnos e alumnas de 6º E.P.que solicitaron a praza no IES Ánxel Fole están admitidos
10 de febreiro
Portas abertas
Febreiro:
Luns 26 - 16.30 / Mércores 28 - 17.00 / Xoves 29 - 18.00
9 de febreiro
8 de febreiro
Festa Entroido 8 Febreiro
Festa do Entroido ´24 no colexio o día 8 de Febreiro. Coa axuda do AMPA, fixeron a chocolatada anual.
6 de febreiro
Saída de 6º E.P. ao Auditorio
Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o Auditorio Gustavo Freire para ver unha obra de teatro en inglés.
4 de febreiro
Vídeo recopilatorio da estancia da profesora Tamara
Durante estes 5 meses de curso, a profesora Tamara fixo un gran traballo.
Queremos lembrar moi bos momentos con este vídeo
30 de Xaneiro
Día Escolar da Non Violencia e da Paz
O Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP) celébrase o 30 de xaneiro dende 1964.
A finalidade desta xornada é educar no respecto, a tolerancia, a solidariedade e a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos e a non violencia e a Paz.
Esta data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India asasinado en 1948 por un fundamentalista.
Este ano 2024, UNICEF avoga por unha "vacina do bo trato" cuxa fórmula se desenvolva nas aulas, xa que o Día da Paz pódese celebrar en todos os cursos, desde Educación Infantil ata Bacharelato.
É unha xornada na que as escolas se converten en instrumentos de harmonía e entendemento entre diferentes culturas, orixes e crenzas.
29 de Xaneiro
Obras teatro 4º E.P.
Os nenos e nenas de 4º de E.P. seguen sorprendendo coas súas obras de teatro explicativas sobre diferentes temas das ciencias.
23 de Xaneiro
A Nosa Terra
Os nenos e nenas de 2º de E.P. realizaron unha visita "A Nosa Arte", unha exposición baseada en Issaac Díaz Pardo e obras do Parlamento de Galicia.
Crearon xuntos un poema, realizaron un obradoiro de construción de mini robots e pintaron a súa obra de arte con pistolas de pintura.
18 de Xaneiro
Visita ao Eroski
Visita guiada a Eroski, onde todo o alumnado de 2º de E.P. puido degustar diferentes alimentos, facer xogos para fomentar a alimentación e o consumo saudables.
17 de Xaneiro
Visita ao I.E.S. Lucus Augusti
Os nenos e nenas de 4º de E.P. fixeron unha visita ao I.E.S. Lucus Augusti, onde puideron observar o Museo Histórico, animais disecados, minerais e realizaron unha actividade sobre todo o que viran
15 de Xaneiro
A Fundación. "A nosa arte"
Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria realizaron unha saída ata Afundación, onde puideron ver arte galega, realizar un obradoiro de elaboración dun robot e pintalo con pistolas de cores
12 de Xaneiro
66º Concurso de Belenismo de Lugo
O Colexio Plurilingüe CPR Cervantes quedou en terceiro lugar no concurso de beléns dos centros educativos da cidade de Lugo, na 66º edición deste certame.
23 de Decembro
Bo nadal
Toda a comunidade educativa do Colexio CPR Cervantes deséxavos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.
21 de Decembro
Papá Noel no CPR Cervantes
Papá Noel fixo unha visita a todos os alumnos do colexio
21 de Decembro
21 de Decembro
Photo call 4º E.P.
os nenos e nenas de 4o de E.P. Desfrutaron dunha chamada fotográfica como acto para celebrar o Nadal
20 de Decembro
Cantos de nadal nas residencias de anciáns
O día 20 de decembro, como é costume, unha representación de nenos e nenas do colexio achegouse ás residencias de maiores "Orpea" e "A Milagrosa", para acompañar aos usuarios e adicarlles diferentes cantos de Nadal.
15 de Decembro
Nadal 2023
Este ano temos o cole tan adornadiño, que os reis e papá Noel non van querer marchar ...
13 de Decembro
Os nenos e nenas de 4º de E.P. explícannos o tema de CC. Naturais
O alumnado de 4º de educación primaria púxose no papel de mestres, mestras, científicos, científicas, doutores, doutoras... para explicar e asimilar moito mellor o tema do Ciencias Naturales, "O noso corpo, unha maquina perfecta"
7 de Decembro
Saída ao cine de 1900
A mostra, en colaboración co Concello de Lugo, leva por título “Comeza a mostra. Georges Méliès e o cinema de 1900", e parte dunha colaboración con La Cinémathèque Française.
A exposición céntrase na figura do cineasta francés. Méliès (1861-1938) foi un debuxante, mago, director de teatro, actor, decorador e técnico, e tamén produtor, director e distribuidor de máis de 500 películas entre 1896 e 1912.
Reinou no mundo do xénero fantástico e da trampa cinematográfica. durante case vinte anos, antes de caer no esquecemento e na ruína económica, o que o levou a destruír os negativos de todas as súas películas.
Pero a mostra serve tamén como homenaxe aos inicios do cine como mostra feiral, algo moi coñecido en Lugo xa que estivo vinculado ao cuartel de San Froilán dende 1898.
A través dunha exposición de 200 metros cadrados, leva aos visitantes ao ambiente de principios do século XX para explicar como se produciu o nacemento do cine como fenómeno popular.
A exposición inclúe reproducións de aparellos, maquetas, obxectos de época e copias de fotografías, así como a proxección de varias películas, con especial atención á famosa película "A viaxe á lúa" (1902).
30 de Novembro

Éxito no Curso de Primeiros auxilios e soporte básico para pais e nais do Colexio
O mércores 29 de novembro tivo lugar o curso de Primeiros Auxilios e soporte básico para pais e nais do colexio.
Moitas grazas a todos os asistentes.
24 de Novembro
Día da NON violencia de xénero
Os nenos e nenas do colexio quixeron aportar o seu gran de area neste día tan especial
23 de Novembro
Saída de 3º e 4º E.P. a Torre de Nuñez e a Leite Río
En Leche Río puideron ver todo o funcionamento da fábrica coas precisas explicacións dos seus traballadores.
Na Torre de Nuñez puideron ver todo o proceso que se produce cos diferentes embutidos. Ao final levaron unha bolsa con datos da empresa.
22 de Novembro
Xornada de atletismo con 4º E.P. Curso formación CFR
Xornada de atletismo con outros colexios da provincia de Lugo. Participaron alumnos de 4º de Educación Primaria.
Tivo lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera na mañá do 22-11-23.
22 de Novembro
Curso de Primeiros auxilios para padres e madres do Colexio
O mércores 29 de novembro terá lugar un curso de Primeiros Auxilios para pais e nais interesados.
Terá lugar no Colexio ás 20:00 horas e ten unha duración aproximada de 2 horas.
Para os socios da Ampa é gratuíto, para os non socios custa 5 euros.
Esperamos que vos animedes a participar xa que é algo importante no noso día a día. É importante dicirvos que só é para pais/nais; Os nenos tamén se ensinarán nos próximos meses pero en horario lectivo.
Só se aceptan respostas ata o 27-11-2023 ás 22:00 horas.
18 de Novembro
Coñece Lugo. Folletos Turismo. de 6º E.P.
O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou diferentes folletos turísticos sobre distintos establecementos de Lugo.
17 de Novembro
Os pulmóns de 4º E.P.
O alumnado de 4º de Educación Primaria puido facer coas súas propias mans unha réplica dos pulmóns, para ver de primeira man como traballan.
9 de Novembro
CEI AMAN de Tete (Mozambique)
O Colexio Cervantes quere agradecervos sinceramente, a confianza e apoio que nos amosaís cada vez que
se pide a vosa colaboración para actos solidarios.
Os nosos alumnos/as e vós coa vosa dedicación e entrega faceís posible que moitos nenos e nenas da
Escolinha CEI AMAN de Tete (Mozambique) poidan contar con material escolar e gorras para este
novo curso escolar.
Grazas a todos por facer posible a nosa labor social nesta sociedade que precisa da colaboración de todos.
2 de Novembro
O Samaín no CPR Cervantes
Días marabillosos de samaín no colexio, con festas, actividades, comida, manualidades, música ...
25 de Outubro

Saída de 5º de E.P. ao supermercado Eroski
Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria disfrtaron da saída ao supermercado Eroski.
Fixeron unha clase de matemáticas, puideron ver como facer unha compra saudable, calcular e mercar ben, mirando as ofertas, comparar medidas de capacidade e prezos dos produtos.
19 de Outubro

Subvención da Unión Europea - Next Generation
Encantados de anunciar que recibimos a subvención da Unión Europea - Next Generation.
Instalamos unha pantalla táctil dixital xigante en cada aula de educación infantil, renovando así as 3 aulas de educación infantil.
Deste xeito, os nenos e nenas de educación infantil poderán aprender dun xeito diferente e adquirir moitas máis experiencias no día a día.
25 de Setembro

Portas abertas actividades extraescolares
Esta semana comezan as xornadas de portas abertas de actividades extraescolares, os horarios para probar as actividades son:
- Kung-Fu- Todos os cursos: luns (25/09) e xoves (28/09) de 16:00 a 17:00 h.
- Voleibol- Todos os cursos: luns (25/09) e venres (29/09) de 17:00 a 18:00 h.
- Patinaxe- Todos os cursos: martes (26/09) de 16:00 a 17:00 h.
- Robótica para primaria: martes (26/09) de 16:00 a 17:00 h.
- Danza Moderna (todos os cursos): venres (29/09) de 16:00 a 17:00 h.
Esta semana non haberá clase de proba nin clase de baloncesto (2º a 6º de primaria) nin predeportiva (infantil e 1º de primaria), a xornada de portas abertas destas actividades será conxunta o martes 3 de outubro de 17:00 a 18:00 horas (despois a actividade desenvolverase segundo vos enviemos nos horarios).
Agardamos para informarvos sobre robótica infantil.
Para ter unha estimación de asistencia, pedímosche que respondas ao tokkap enviado polo ANPA, co nome do alumno e do curso e que actividade ou actividades vas probar.
Só se aceptan respostas ata o 26-09-2023 ás 15:00
ANPA CPR CERVANTES ampacervanteslugo@gmail.com https://www.facebook.com/ANPACPRCervantes/
18 de Setembro

Visita da ACD A Piringalla
Os últimos días tivemos o pracer de contar cos adestradores de fútbol sala da ACD A Piringalla. Onde os alumnos de infantil e 1o e 2o de primaria disfrutaron de diferentes xogos e actividades relacionadas co fútbol.
04 de Setembro

28 de xuño

Libros texto. Curso 23-24
Podes acceder o listado completo dos libros escolares para o curso 23-24
27 de xuño

Coreografías. Plan Proxecta
Coreografías realizadas para o Plan Proxecta da Xunta de Galicia. 2022-2023
26 de xuño

II Liga Interna do Colexio Cervantes.
Onde os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria puideron gozar dunha competición por clases de 4 deportes: atletismo, baloncesto, fútbol e voleibol.
25 de xuño

ARDE LUCUS 23
Gran día do Arde Lucus, no desfile dos colexios de Lugo. Tivo lugar o domingo 25 de xuño e como vén sendo habitual ano tras ano asistiron unha gran porcentaxe de alumnos e familias do colexio CPR Cervantes.
Moitas grazas a todos por vir ao desfile