Creando soños dende 1968


Días non lectivos escollidos polo Colexio para o curso 24 - 25.
4 de Novembro e 2 de Maio
Educación Infantil - Educación Primaria





Profesionais da educación
O Colexio Cervantes, é un Colexio Privado Concertado dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Atópase situado nunha zona urbana do norte da cidade, no número 25 da Rúa Camiño de Pipín, concretamente entre os barrios da Milagrosa, Piringalla- e Garabolos.
O Colexio Cervantes é un centro integrado no que se imparten ensinanzas de Educación Infantil e Educación Primaria, que goza de autonomía no ámbito pedagóxico e organizativo de acordo ao que establezan as disposicións legais vixentes e que se configura como unha Comunidade Educativa integrada polo conxunto de persoas que, implicadas na acción educativa, enriquecen os obxetivos do Centro.
O Centro ten autorización para 3 aulas de Educación Infantil (75 postos escolares) e 6 de Educación Primaria (150 postos escolares).