28 de Abril

Xogade 28-04

Nova e derradeira xornada de atletismo do xogade.

26 de Abril

C.A.S.A.G.A.

Hoxe tivemos a visita da asociación C.A.S.A.G.A. de Ferrol, dedicada ó rescate de persoas desaparecidas con perros. Fixeron unha explicación detallada de como debemos de coidar ao noso animal doméstico e realizaron diferentes rescates.

26 de Abril

O Rebumbio Matemático

O Salón de Columnas do Círculo das Artes acolleu a celebración da edición número XXV da Olimpíada Matemática Galega, organizada por Agapema  Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática).

Trátase dun evento enmarcado dentro dun proxecto internacional, orientado a fomentar o ensino das matemáticas de forma máis creativa e reflexiva, fronte a unha aprendizaxe baseada na adquisición de algoritmos por repetición.

O Rebumbio Matemático, proba por equipos dirixida a alumnos de sexto de primaria, foi hoxe de 10.30 a 13.00 horas.

Os 40 finalistas seleccionados na fase de zona, acudirán á Fase Final Galega, que terá lugar o xoves 23 de maio, de 12.00 a 14.00 horas, tamén no Círculo das Artes, onde se concentrarán estudantes de toda Galicia, e dos que soamente tres representantes, chegarán á final española, que este ano se celebrará en Estremadura no mes de Xuño.

26 de Abril

Vinilos no colexio

Pouco a pouco, os vinilos sobre ilustracións de Cervantes, frases do gran escritor ou imaxes, serven de motivación para os nosos pequenos/as alumnos/as

24 de Abril

O C.D.Lugo no colexio

Xogador e membros do corpo técnico estiveron realizando unha visita ao colexio, para regalar entradas para o partido do vindeiro sábado contra o Rayo Majadahonda.

22 de Abril

Saída a DaVeiga, Carballolandia, 5º e 6º E.P. Día mundia da Terra

Saída de 5º e 6º de E.P. a empresa DaVeiga e  a Carballolandia.

22 de Abril

Día mundial da Terra

Importante día para o noso centro. Onde estamos inmersos e moi implicados no Proxecto de "Voz Natura" e queremos un mundo mello, unha terra moito mellor. Diferentes artículos da Voz de Galicia evidencian este feitos. 

Tamén coa colaboración no programa "Fitas do Vento", onde faixe un traballo espectacular con mais centro de Galicia para axudar a colexios de Mozambique. "Proxecto dE irmandade, escolas Galegas e Africanas"

17 de Abril

AFundación "García Gesto"

“Unha inquitude creativa” 

1º e 2º de E.P. fixeron unha visita guiada á exposición e posterior obradoiro creativo. Disfruta dun pouco de tempo no parque do Campo Castelo, regresa ao colexio dando un paseo pola muralla

14 de Abril

Xogade 3º Xornada

O domingo 14 de abril o alumnado do colexio puido participar na terceira xornada de xogade na súa modalidade de atletismo.

13 de Abril

Saída o sábado 13 de abril

O sábado 13 de abril o alumnado do colexio tivo a oportunidade de facer unha saída co profe Jesús, o profe Gonzalo e a profe Tere, onde puideron coñecer a cidade de Lugo dun xeito diferente.

Lugares nos que nunca estiveches, historias que nunca escoitaches e mesmo visitas diferentes museos ou ruínas históricas romanas da nosa cidade.

10 de Abril

Fitas do Vento

El próximo martes 16 de abril a las 18:30 tendrá lugar en el Auditorio de Sede Afundación, de la mano de la Fundación San Rafael, el I Festival Solidario Fitas do Vento en el que se compartirán algunas de sus acciones, acompañados de música y testimonios del profesorado y escuelas participantes en el proyecto. En el acto se difundirán las acciones solidarias del proyecto, entre ellas becas de estudios. Las aportaciones  a las escuelas africanas pueden hacerse desde la web:

 https://sjgalicia.org/becas-esil/

Fitas de Vento es un proyecto intercentros  que surgió a partir del hermanamiento colegial de Santa María del Mar y que potencia espacios de trabajo, encuentro y participación del alumnado y profesorado gallego y mozambiqueño, siempre desde la perspectiva de enriquecimiento mutuo y a través del respeto y la valoración de la diversidad, la defensa del medio ambiente, la igualdad de género y la justicia social. 

Una simbiosis que contribuya a desarrollar hombres y mujeres capaces de humanizar y transformar su realidad: conscientes, competentes, comprometidos y compasivos.

https://fitasdevento.wordpress.com/

09 de Abril

Visita EDAR/ETAP

Os alumnos e alumnas de 5º e 4º de educación primaria visitaron a EDAR e a ETAP no día de hoxe.

08 de Abril

Obra de teatro 5 anos

Os alumnos e alumnas de 5 anos deléitannos cunha magnífica obra de teatro.

08 de Abril

Exposición Ciencias Naturais 4º E.P.

O 8 de abril o alumnado de 4º de Primaria puido expoñer ante os seus compañeiros as maquetas do aparello excretor ou circulatorio. 

Puideron explicar o funcionamento de cada aparato para seguir aprendendo dun xeito diferente

07 de Abril

II Xornada Xogade 07/04/24

Hoxe tivo lugar a segunda Xornada do xogade, na modalidade de atletismo. 

22 de marzo

Exposición de Barbie no MIHL.  5° E.P.

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ofrece aos seus visitantes a posibilidade de gozar da mostra Barbie: Cine e moda, unha exposición que resume a historia da coñecida boneca e a súa relación, íntima e estreita, con ambos os sectores durante décadas.

Desde a súa creación, Barbie foi vestida polos grandes deseñadores de moda de todos os tempos: Armani, Versace, Pertegaz, Óscar da Renda, Christian Dior e moitos máis. "Algúns dos seus modelos podemos velos nesta exposición que conta, ademais, cun deseño realizado por Lorenzo en exclusiva para Barbie: Cine e moda"

20 de marzo

Andrea Maceira. "Cuenta nueve estrellas"  6º E.P. -" La hoja azul" 5°


Hoxe estivo con nós Andrea Maceiras, escritora do libro "Cuenta Nueve Estrellas" e "La hoja azul". Visitando aos alumnos de 5º e 6º

17 de marzo

I Xornada Xogade 

Magnífico día na pista de atletismo, onde os nosos atletas fixeron moitas probas na I Xornada do Xogade.

15 de marzo

Antía Yañez no Colexio CPR Cervantes

A escritora Antía Yañez visitou o colexio, onde presentou aos nenos de 5º e 6º de E.P. o seu libro "Plan de rescate".

Os alumnos/as aprenderon moitas cousas sobre a escritora, fixeron moitas preguntas sobre o libro e os seus protagonistas.

15 de marzo

Charla Bullying 5º E.P.

Charla sobre o Bullying onde se pretendía, entre outras cousas, sensibilizar ao alumnado para diferenciar o que é un conflito do que é violencia. 

Ofrecer ferramentas para resolver os conflitos de forma positiva, sen violencia. 

Proporcionar un contexto onde poder comentar, falar e expoñer as dificultades e tensións que poidan xurdir na aula e na escola.

15 de marzo

Saída 5º E.P.

Aínda tiñamos que subir a magnífica saída que o alumnado de ºo de Primaria fixo á Fundación, "A Nosa Terra", a mostra está composta por unha selección de 37 pezas da Colección de Arte do Parlamento de Galicia, que recolle un total de 300 obras de arte galega, memoria viva das diferentes etapas históricas que, ao longo do os últimos cen anos, determinaron as tendencias artísticas adoptadas en Galicia.

O alumnado de 5º realizaron un obradoiro, “Atlantes de pincel e espátula”. A programación tecnolóxica deu lugar a un dos xiros máis sorprendentes da arte actual. E se puidésemos facer unha obra de arte a partir dun deseño robótico? Para comprender a orixe desta viaxe hai que coñecer de onde proceden as formas artísticas e como se desenvolveron en Galicia ao longo do século pasado. 

13 de marzo

Saída 3º- 4º E.P.

Nesta obra, recomendada a partir de catro anos, cóntase a historia dun mozo diferente, ao que lle gustan moito os avións e tocar o piano. 

A Hugo diagnostícanlle un TEA, un trastorno do espectro autista, e recibe a visita diaria de Laia, á que lle gusta falar e as plantas. 

A través das súas conversas, afondan na empatía, na necesidade de comunicarse e na beleza da diferenza.

13 de marzo

Saída 5º E.P.

Foron á cidade da cultura, onde puideron contemplar os distintos hábitats da antigüidade con lentes de realidade aumentada. 

Visitaron o museo da vila galega, e realizaron diferentes xogos por equipos. 

Pola tarde acudiron á Catedral de Santiago de Compostela

13 de marzo

Experimento 2º E.P.

Experimento sobre un fluido no Newtoniano. Prueba científica y divertida.

8 de marzo

Slogans da clase de 4º de primaria

O alumnado de cuarto de Primaria fixo diferentes lemas para a materia de lingua galega onde terían que referirse ao colexio

8 de marzo

8 M

É unha reivindicación dos dereitos das mulleres. De todas as mulleres. 

O obxectivo é sensibilizar á sociedade e promover a igualdade real de xénero. 

Así, reclama a redución das desigualdades de xénero. 

Neste sentido, o 8M lembra tamén que a violencia contra as mulleres, especialmente a violencia de xénero e a violencia sexual, é a expresión máis amarga das sociedades machistas, con conviccións profundamente patriarcais.

7 de marzo

Familias solidarias

Grazas por toda a vosa solidariedade. Roupa destinada á empresa Mariola

05 de MARZO

Cheque solidario

O martes 6 de marzo, tivo lugar a entrega do cheque á fundación "Somos" Unidos contra o Cancro, coa recadación da "XIII Carreira Solidaria do colexio CPR Cervantes-Memorial Profe Alberto".

A recadación ascendeu a 3.792 euros. Os cartos foron entregados hai meses, pero o martes 6 reunímonos para facer a foto conmemorativa.

Estes cartos serviron para que a fundación “Somos” saíse adiante e iniciara un proxecto de ximnasia para persoas oncolóxicas. Coa axuda de Forus van dúas veces á semana a facer actividade física.

Dende o colexio estamos encantados de aportar un gran de area a esta fundación. Comentar tamén que a edición deste ano, que xa será a décimo cuarta, será o 2 de xuño. 

Nos últimos anos fomos conseguindo 800 inscritos na carreira, e todo o destinado será ofrecer solidariamente.

Este ano haberá premios en material deportivo para os tres primeiros colexios con máis participantes na carreira.

Ao inscribirse na carreira, pode decidir se facer unha doazón en diferentes apartados.

A carreira terá lugar preto do colexio, na praza do Agro de Rolo.


 

22 de febreiro

IES Ánxel Fole

Todos os alumnos e alumnas de 6º E.P.que solicitaron a praza no IES Ánxel Fole están admitidos

10 de febreiro

Portas abertas

Febreiro: 

Luns 26 - 16.30 / Mércores 28 - 17.00 / Xoves 29 - 18.00

9 de febreiro

Comparsas Entroido 2024

Comparsa anual celebrada o 9 de Febreiro no Colexio.

8 de febreiro

Festa Entroido 8 Febreiro

Festa do Entroido ´24 no colexio o día 8 de Febreiro. Coa axuda do AMPA, fixeron a chocolatada anual.

6 de febreiro

Saída de 6º E.P. ao Auditorio

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou o Auditorio Gustavo Freire para ver unha obra de teatro en inglés.

4 de febreiro

Vídeo recopilatorio da estancia da profesora Tamara

Durante estes 5 meses de curso, a profesora Tamara fixo un gran traballo. 

Queremos lembrar moi bos momentos con este vídeo

30 de Xaneiro

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

O Día Escolar da Non Violencia e da Paz (DENIP) celébrase o 30 de xaneiro dende 1964. 

A finalidade desta xornada é educar no respecto, a tolerancia, a solidariedade e a harmonía, o respecto aos Dereitos Humanos e a non violencia e a Paz. 

Esta data conmemórase a morte de Mahatma Gandhi, líder nacional e espiritual da India asasinado en 1948 por un fundamentalista.

Este ano 2024, UNICEF avoga por unha "vacina do bo trato" cuxa fórmula se desenvolva nas aulas, xa que o Día da Paz pódese celebrar en todos os cursos, desde Educación Infantil ata Bacharelato.

É unha xornada na que as escolas se converten en instrumentos de harmonía e entendemento entre diferentes culturas, orixes e crenzas.

29 de Xaneiro

Obras teatro 4º E.P.

Os nenos e nenas de 4º de E.P.  seguen sorprendendo coas súas obras de teatro explicativas sobre diferentes temas das ciencias.

23 de Xaneiro

A Nosa Terra

Os nenos e nenas de 2º de E.P. realizaron unha visita "A Nosa Arte", unha exposición baseada en Issaac Díaz Pardo e obras do Parlamento de Galicia.

Crearon xuntos un poema, realizaron un obradoiro de construción de mini robots e pintaron a súa obra de arte con pistolas de pintura.

18 de Xaneiro

Visita ao Eroski

Visita guiada a Eroski, onde todo o alumnado de 2º de E.P. puido degustar diferentes alimentos, facer xogos para fomentar a alimentación e o consumo saudables.

 

17 de Xaneiro

Visita ao I.E.S. Lucus Augusti

Os nenos e nenas de 4º de E.P. fixeron unha visita ao I.E.S. Lucus Augusti, onde puideron observar o Museo Histórico, animais disecados, minerais e realizaron unha actividade sobre todo o que viran

 

15 de Xaneiro

A Fundación. "A nosa arte"

Os nenos e nenas de 3º e 4º de educación primaria realizaron unha saída ata Afundación, onde puideron ver arte galega, realizar un obradoiro de elaboración dun robot e pintalo con pistolas de cores

 

12 de Xaneiro

66º Concurso de Belenismo de Lugo


O Colexio Plurilingüe CPR Cervantes quedou en terceiro lugar no concurso de beléns dos centros educativos da cidade de Lugo, na 66º edición deste certame.

 

23 de Decembro

Bo nadal

Toda a comunidade educativa do Colexio CPR Cervantes deséxavos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo.

21 de Decembro

Papá Noel no CPR Cervantes

Papá Noel fixo unha visita a todos os alumnos do colexio

21 de Decembro

Os amigos e amigas de 6º E.P.

Vídeo elaborado polos alumnos e alumnas de 6º E.P.

21 de Decembro

Photo call 4º E.P.

os nenos e nenas de 4o de E.P. Desfrutaron dunha chamada fotográfica como acto para celebrar o Nadal

20 de Decembro

Cantos de nadal nas residencias de anciáns

O día 20 de decembro, como é costume, unha representación de nenos e nenas do colexio achegouse ás residencias de maiores "Orpea" e "A Milagrosa", para acompañar aos usuarios e adicarlles diferentes cantos de Nadal.

15 de Decembro

Nadal 2023

Este ano temos o cole tan adornadiño, que os reis e papá Noel non van querer marchar ...

13 de Decembro

Os nenos e nenas de 4º de E.P. explícannos o tema de CC. Naturais

O alumnado de 4º de educación primaria púxose no papel de mestres, mestras, científicos, científicas, doutores, doutoras... para explicar e asimilar moito mellor o tema do Ciencias Naturales, "O noso corpo, unha maquina perfecta"

7 de Decembro

Saída ao cine de 1900

A mostra, en colaboración co Concello de Lugo, leva por título “Comeza a mostra. Georges Méliès e o cinema de 1900", e parte dunha colaboración con La Cinémathèque Française. 

A exposición céntrase na figura do cineasta francés. Méliès (1861-1938) foi un debuxante, mago, director de teatro, actor, decorador e técnico, e tamén produtor, director e distribuidor de máis de 500 películas entre 1896 e 1912. 

Reinou no mundo do xénero fantástico e da trampa cinematográfica. durante case vinte anos, antes de caer no esquecemento e na ruína económica, o que o levou a destruír os negativos de todas as súas películas.

Pero a mostra serve tamén como homenaxe aos inicios do cine como mostra feiral, algo moi coñecido en Lugo xa que estivo vinculado ao cuartel de San Froilán dende 1898. 

A través dunha exposición de 200 metros cadrados, leva aos visitantes ao ambiente de principios do século XX para explicar como se produciu o nacemento do cine como fenómeno popular. 

A exposición inclúe reproducións de aparellos, maquetas, obxectos de época e copias de fotografías, así como a proxección de varias películas, con especial atención á famosa película "A viaxe á lúa" (1902).

30 de Novembro

Éxito no Curso de Primeiros auxilios e soporte básico para pais e nais do Colexio

O mércores 29 de novembro tivo lugar o curso de Primeiros Auxilios e soporte básico para pais e nais do colexio. 

Moitas grazas a todos os asistentes. 

24 de Novembro

Día da NON violencia de xénero

Os nenos e nenas do colexio quixeron aportar o seu gran de area neste día tan especial

23 de Novembro

Saída de 3º e 4º E.P. a Torre de Nuñez e a Leite Río

En Leche Río puideron ver todo o funcionamento da fábrica coas precisas explicacións dos seus traballadores.

Na Torre de Nuñez puideron ver todo o proceso que se produce cos diferentes embutidos. Ao final levaron unha bolsa con datos da empresa.

22 de Novembro

Xornada de atletismo con      4º E.P. Curso formación CFR

Xornada de atletismo con outros colexios da provincia de Lugo. Participaron alumnos de 4º de Educación Primaria. 

Tivo lugar no estadio Gregorio Pérez Rivera na mañá do 22-11-23.

22 de Novembro

Curso de Primeiros auxilios para padres e madres do Colexio

O mércores 29 de novembro terá lugar un curso de Primeiros Auxilios para pais e nais interesados. 

Terá lugar no Colexio ás 20:00 horas e ten unha duración aproximada de 2 horas.

Para os socios da Ampa é gratuíto, para os non socios custa 5 euros.

Esperamos que vos animedes a participar xa que é algo importante no noso día a día. É importante dicirvos que só é para pais/nais; Os nenos tamén se ensinarán nos próximos meses pero en horario lectivo.

  Só se aceptan respostas ata o 27-11-2023 ás 22:00 horas.

18 de Novembro

Coñece Lugo. Folletos Turismo. de 6º E.P.

O alumnado de 6º de Educación Primaria realizou diferentes folletos turísticos sobre distintos establecementos de Lugo.

17 de Novembro

Os pulmóns de 4º E.P.

O alumnado de 4º de Educación Primaria puido facer coas súas propias mans unha réplica dos pulmóns, para ver de primeira man como traballan.

9 de Novembro

CEI AMAN de Tete (Mozambique)

O Colexio Cervantes quere agradecervos sinceramente, a confianza e apoio que nos amosaís cada vez que
se pide a vosa colaboración para actos solidarios.


Os nosos alumnos/as e vós coa vosa dedicación e entrega faceís posible que moitos nenos e nenas da
Escolinha CEI AMAN de Tete (Mozambique) poidan contar con material escolar e gorras para este
novo curso escolar.


Grazas a todos por facer posible a nosa labor social nesta sociedade que precisa da colaboración de todos.

2 de Novembro

O Samaín no CPR Cervantes

Días marabillosos de samaín no colexio, con festas, actividades, comida, manualidades, música ...

25 de Outubro

Saída de 5º de E.P. ao supermercado Eroski

Os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria disfrtaron da saída ao supermercado Eroski.

Fixeron unha clase de matemáticas, puideron ver como facer unha compra saudable, calcular e mercar ben, mirando as ofertas, comparar medidas de capacidade e prezos dos produtos.

19 de Outubro

Subvención da Unión Europea - Next Generation

Encantados de anunciar que recibimos a subvención da Unión Europea - Next Generation.

Instalamos unha pantalla táctil dixital xigante en cada aula de educación infantil, renovando así as 3 aulas de educación infantil.

Deste xeito, os nenos e nenas de educación infantil poderán aprender dun xeito diferente e adquirir moitas máis experiencias no día a día.

25 de Setembro

Portas abertas actividades extraescolares

Esta semana comezan as xornadas de portas abertas de actividades extraescolares, os horarios para probar as actividades son:

- Kung-Fu- Todos os cursos: luns (25/09) e xoves (28/09) de 16:00 a 17:00 h.

- Voleibol- Todos os cursos: luns (25/09) e venres (29/09) de 17:00 a 18:00 h.

- Patinaxe- Todos os cursos: martes (26/09) de 16:00 a 17:00 h.

- Robótica para primaria: martes (26/09) de 16:00 a 17:00 h.

- Danza Moderna (todos os cursos): venres (29/09) de 16:00 a 17:00 h.

Esta semana non haberá clase de proba nin clase de baloncesto (2º a 6º de primaria) nin predeportiva (infantil e 1º de primaria), a xornada de portas abertas destas actividades será conxunta o martes 3 de outubro de 17:00 a 18:00 horas (despois a actividade desenvolverase segundo vos enviemos nos horarios).

Agardamos para informarvos sobre robótica infantil.

Para ter unha estimación de asistencia, pedímosche que respondas ao tokkap enviado polo ANPA, co nome do alumno e do curso e que actividade ou actividades vas probar.  

Só se aceptan respostas ata o 26-09-2023 ás 15:00

ANPA CPR CERVANTES ampacervanteslugo@gmail.com https://www.facebook.com/ANPACPRCervantes/

18 de Setembro

Visita da ACD A Piringalla

Os últimos días tivemos o pracer de contar cos adestradores de fútbol sala da ACD A Piringalla. Onde os alumnos de infantil e 1o e 2o de primaria disfrutaron de diferentes xogos e actividades relacionadas co fútbol.

04 de Setembro

Comeza o curso 23-24

Información necesaria para o comezo do curso

28 de xuño

Libros texto. Curso 23-24

Podes acceder o listado completo dos libros escolares para o curso 23-24

 

27 de xuño

Coreografías. Plan Proxecta

Coreografías realizadas para o Plan Proxecta da Xunta de Galicia. 2022-2023

26 de xuño

II Liga Interna do Colexio Cervantes. 

Onde os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria puideron gozar dunha competición por clases de 4 deportes: atletismo, baloncesto, fútbol e voleibol.

25 de xuño

ARDE LUCUS 23

Gran día do Arde Lucus, no desfile dos colexios de Lugo. Tivo lugar o domingo 25 de xuño e como vén sendo habitual ano tras ano asistiron unha gran porcentaxe de alumnos e familias do colexio CPR Cervantes.

Moitas grazas a todos por vir ao desfile

Necesitamos su consentimiento para cargar las traducciones

Utilizamos un servicio de terceros para traducir el contenido del sitio web que puede recopilar datos sobre su actividad. Por favor revise los detalles en la política de privacidad y acepte el servicio para ver las traducciones.